nen@s

nen@s

venres, 2 de outubro de 2015

Comezo das actividades extraescolares

A pesar de ser xa un pouquiño tarde cando esta nova directiva se puxo ó frente, 19 de setembro e a piques da disolución(razón pola que a anterior directiva non xestionou nada). Conseguimos ofertar case tódalas actividades que estaban en funcionamento o ano anterior aínda que, non nos días e horarios que nos gustaría, pero sí ca maioría dos monitores que estaban e a xente estaba contenta.

Pechada xa a data de incrición, imos por en marcha as seguintes actividades extraescolares:
  • Natación(Piscina Municipal de Ribeira ás 5 da tarde)haberá 2 grupos: O que arranca hoxe venres 2, grupo xa pechado no que xa non se admite máis nen@s, e o mércores 7 dará comezo o outro grupo, no que sí aínda se admiten nen@s.
  • Tenis(Polideportivo de Xuño ás 5 e media da tarde) dará comezo este luns 5 de outubro, a pesares de non alcanzar o mínimo falado co monitor. Polo tanto, grupo aberto a máis inscricións e no que confiamos poidamos manter durante todo o curso con vindeiras altas na actividade.
  • Tanto pintura como zumba kids hai grupo suficiente pero non podemos comezar de momento con estas actividades, xa que estamos pendentes de solucionar varios asuntos antes de poñelas en funcionamento.
  • Inglés, que non foi ofertada pola ANPA este ano porque xa estaba en funcionamento pero non se adecuaba ó ofertado en anos anteriores. Finalmente, ante a insistencia dos pais afectados a intentar un acordo coa monitora que imparte dita actividade, pasará a ser xestionada pola ANPA cando amañemos os papeleos que elo conleva.
Polo que agradecemos a vosa comprensión e espera, sobre todo para a posta en funcionamento destas 3 últimas actividades que esperamos por en funcionamento o máis antes posible.

Outro tema moi importante que temos pendente é a forma de pago, polo que agradecemos NON FAGADES NINGÚN INGRESO polo momento. Procuraremos, dentro das nosas posibilidades, ter todo arranxado na vindeira semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Arquivo do blog